A Xunta colaborará na celebración do Congreso Europeo de Dereito Notarial que terá lugar en Santiago o ano que vén

Alfonso Rueda na reunión co presidente do Consello Xeral do Notariado
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente do Consello Xeral do Notariado, José Manuel García Collantes, onde abordaron a celebración o ano que vén na cidade de Santiago, do IV Congreso Europeo de Dereito Notarial.
Na reunión, á que tamén asistiu o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, o secretario do Consello, Álvaro Lucines, e o secretario do Colexio Notarial de Galicia, Isidoro Antonio Calvo Vidal, indicaron xa tiveron lugar congresos en Roma, Varsovia e Bruxelas, e agora para a IV edición elixen a cidade de Santiago, onde se reunirán notarios de 26 países da Unión Europea.











