A Xunta apoia a VI edición do Festival de Danza e Artes ‘Corpo(a)terra’ de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaOurense
A-
A+
Presentación do Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense

Presentación do Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense

O Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense, Corpo(a)terra, presentou hoxe a programación da súa sexta edición, que se desenvolverá do 7 ao 9 de xullo coa participación de compañías procedentes de Costa Rica, Países Baixos, Alemaña, Portugal e tamén de Galicia e do resto de España.

O encontro conta co apoio, entre outras entidades, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na presentación na que se detallaron as principais novidades e ofertas deste festival.

Díaz Mouteira enmarcou a colaboración con Corpo(a)terra na convocatoria anual de subvencións para festivais de artes escénicas e de música. En concreto, este festival recibe unha achega de máis de10.000 euros. Na provincia de Ourense tamén resultaron beneficiados con estas axudas o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) e o Festival de Teatro Galego do Carballiño.

Corpo(a)terra, organizada pola Asociación trasPediante Cultura, é unha iniciativa cultural que traballa na liña de saír á rúa para buscar público, ofrecer cultura en espazos atípicos e dinamizar a vida da cidade.

Durante os tres días que dura o festival varias prazas e espazos urbanos da zona vella convértense en escenario. A programación comezará mañá, día 7, a partir das 21.00 horas, na praza de Santa Eufemia co espectáculo da artista galega Clara Ferrao.

6 de xullo de 2016 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.