publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aboará pagos por terreos afectados pola Vía Ártabra o día 2 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, abonará o vindeiro 2 de agosto case 825.000 euros en concepto de expropiacións de 35 fincas polas obras de execución da Vía Ártabra, tal como publicou o Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña. Con estes pagos quedarían satisfeitos case 22 millóns de euros en concepto de expropiacións dos tres subtreitos desta infraestrutura.

Estes abonos supoñen un 94% do que se estima pagar logo do pronunciamento do Xurado de Expropiación. Estas cantidades se suman aos máis de 1,3 M € pagados entre finais de 2015 e principios de 2016.

Os veciños deberán estar entre as 9.00 ata as 10.30 horas, na Casa Charry do concello de Oleiros. O pagamento efectuarase polo pagador deste servizo e en presenza do representante da Administración, e do alcalde e secretario de dito Concello.

8 de xullo de 2016 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.