A rehabilitación dos novos inmobles do CCVV comeza a tomar forma nos números 10-12 da rúa Ferrería
O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a rúa Ferrería para supervisar o avance dos traballos de rehabilitación de 2 inmobles, concretamente nos números 10-12.
As obras de reestruturación en Ferrería 10-12 permitirán contar con 2 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo e unitario edificio, cun prazo de execución de 12 meses. A actuación foi proxectada polos arquitectos Antonio Cominges Carvallo e Harald Binkele e a adxudicación dos traballos se fixo por 270.000 euros. Segundo o proxecto, as vivendas serán de 1 dormitorio e terán unha superficie útil de 56,79m2 cada unha, ademais de contar cun patio exterior para a entrada de luz natural. O baixo contará con arredor de 37,48 m2.
Durante a visita, o delegado da Xunta percorreu as tres plantas do inmoble acompañado polo xerente do organismo, Alfonso Ramos, e polos responsables da obra que lle informaron da situación actual do proxecto, podendo así coñecer de primeira man todos os detalles técnicos e arquitectónicos. Segundo indicou López-Chaves, “as obras están moi avanzadas e estanse a cumprir os prazos de construción”. Ademais, grazas a execución de todos os proxectos do Consorcio, formado en un 90% pola Xunta e un 10% polo Concello, estase a dar “una lavado de cara a toda a zona alta do Casco Vello”.
O proxecto de recuperación desta zona estase a ver tamén nas obras dos números 45-47 da rúa Ferrería, que permitirán a construción doutras 4 vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio cun investimento de 670.000 euros. Ademais, o presidente do CCVV recordou que o organismo ven de adquirir un novo inmoble, o edificio da rúa Cruz Verde 12, por un valor de 148.000 euros, para continuar cos proxectos de rehabilitación.
Deste xeito, e coma destacou, este ano se destinarán algo máis de 2 millóns de euros nestes proxectos para conseguir 13 novas vivendas e 3 locais comerciais máis que se sumarán ás xa realizadas nos 10 anos de vida do CCVV. Actualmente o Consorcio, dispón de 24 locais comerciais para novos emprendedores, dos cales, 19 xa contan con actividade empresarial. Con estas últimas actuacións supérase xa o centenar de vivendas recuperadas onde xa residen ao redor de 150 persoas.











