publicidade hoxe

A Illa de Arousa recibe 50.000 euros da Deputación para a apertura dun viario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, a achega que completa o investimento na Illa de Arousa ao abeiro do Plan Concellos 2016. Deste xeito, a vila recibirá unha axuda de 49.628,51 para a apertura dun viario na travesía Entrecortiñas, unha actuación que vén integrada na liña 1, investimentos, do programa estrela do Goberno provincial durante o exercicio 2016.

Estas axudas súmanse ás xa entregadas pola Deputación ao abeiro do Plan Concellos. En primeiro lugar, na liña 1, 247.184,64 € destinados ao acondicionamento da Escola de Pau, ao financiamento das obras de pavimentación en Chasán e Testos e á recuperación da Praza do Charco. Por outra banda, 14.000 € na liña 3 para distintas actividades medioambientais, un programa de prevención e atención á dependencia, as actividades culturais do Entroido 2016, a elaboración dun rueiro e unha campaña de prevención da violencia de xénero, e finalmente 88.480,56 €, liña 4, para a contratación de 13 traballadores e traballadoras que están a desempeñar as súas labores para o concello.

Ao acadar o grao de execución do 100%, A Illa de Arousa recibiu en total, ao abeiro do Plan Concellos 2016, un investimento de 399.793,94 €.

20 de xullo de 2016 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.