publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede un préstamo sen xuros de 55.000 euros ao Concello da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaPontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez Alfonso, asinaron esta mañá a concesión dun crédito de 55.856,62 euros para este municipio. O préstamo destinarase para a finalización das naves de usos municipais no Couto e en Randufe e para a mellora do depósito de auga do CPI de Valeixe e a impermeabilización do depósito de Augas Férreas.

A Cañiza é un dos sete concellos beneficiados na primeira convocatoria do Goberno provincial de préstamos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de inversións, operacións de tesourería, necesidades urxentes ou desfases transitorios. En 2016 é a primeira vez que a Deputación saca esta liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios, xa que co anterior Goberno estes eran do 2%.

Xunto á Cañiza, outros seis concellos -Catoira, Silleda, Poio, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Salceda de Caselas- se benefician desta iniciativa, na que o ente provincial inviste 1.137.708,7 €. Na actualidade está en marcha unha segunda convocatoria para a concesión deste tipo de préstamos a concellos, por valor de 362.291,28 €, xa que na inicial non se esgotou o importe máximo asignado a esta iniciativa, que é de 1,5 millóns de euros, o que supón ademais 500.000 € máis que a última asignación do anterior Goberno provincial.

6 de xullo de 2016 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.