A Deputación de Ourense destina 2,7 millóns de euros a concellos, asociacións e entidades da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O pleno da Corporación Provincial correspondente ao mes de xullo de 2016 aprobou hoxe unha modificación de crédito que ascende aos 2.770.683 euros, que permitirá destinar axudas a 51 concellos, asociacións e entidades da provincia de Ourense para actuacións en materia social, cultural, deportiva, de infraestruturas e de promoción económica.

Asemade tamén se aprobou solicitar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España a creación do Centro de Referencia para o castaño no municipio de Riós, pola importancia que ten a castaña nesta localidade.

29 de xullo de 2016 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.