publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia a participación de Orballo de Pontedeume no Festival dos Pobos de Europa de Polonia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPontedeume
A-
A+

A cultura tradicional galega volve estar presente no Festival dos Pobos de Europa de Zakopane, Polonia, coa presencia da Agrupación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume, grazas a colaboración da área de Cultura da Deputación da Coruña que financia a súa participación. O festival terá lugar dos días 19 a 26 de agosto.

Desde hai máis de trinta anos, ningunha agrupación galega participaba no Festival dos Pobos de Europa que se celebra en Zakopane, Polonia, ausencia que remata este ano coa asistencia da Asociación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume nunha viaxe financiada pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

A colaboración confirmouse neste martes na sede da Deputación a través do convenio asinado pola responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín e o presidente de Orballo, Eduardo José Mourelle Botana, nun acto en que participou o alcalde de Pontedeume e tamén deputado provincial Bernardo Fernández Piñeiro.

A área de Cutura da Deputación da Coruña, a través da área de Cultura, achega un total de 26.400 € para financiar o transporte e billetes de avión ademais de das necesidades técnicas para a súa participación no festival para o que foron seleccionados entre agrupacións de todo o mundo. Orballo de Pontedeume integrará un programa composto por actuacións de agrupacións de 13 países que participan no festival. Ademais da súa actuación, a agrupación organizará en Zakopane unha romaría galega.

A Agrupación Folclórica e Cultural Orballo naceu en Pontedeume no ano 1979 e ten como obxectivo recuperar e promocionar as tradicións artísticas e musicais da comarca das Mariñas.

5 de xullo de 2016 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.