A Deputación da Coruña apoia a actividade cultural de trescentas asociacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A área de Cultura da Deputación da Coruña apoia a actividade cultural promovida polas asociacións coa concesión de subvencións por case oitocentos mil euros. Case trescentas entidades desenvolverán programas propios a través desta liña de subvencións.

A cantidade total das axudas concedidas pola área de Cultura da Deputación da Coruña ascende a 784.321,76 €, máis de cen mil euros sobre a cantidade concedida no exercicio anterior. Cómpre facer constar que este aumento dáse a pesar de que un número importante de subvención foron derivadas ás novas liñas de concorrencia competitiva creadas neste ano como son bandas de música, corais, música e danza tradicionais ou festivais. A listaxe de entidades que reciben subvencións –na resolución da concesión provisional- é de 286.

Asociacións culturais, organizacións de mocidade, cooperativas do ámbito da cultura, comisións de recuperación da memoria ou escolas de música son algunhas das entidades que presentaron proxectos para seren apoiados pola liña de subvencións da Deputación da Coruña da que no Boletín Oficial da Provincia se publica este xoves a resolución provisional. As axudas contribuirán a que, ao longo de todo o territorio, se desenvolvan programas como seminarios, faladoiros, proxeccións audiovisual, actividades conmemorativas, obradoiros ou representacións teatrais.

“Esta liña é unha das trabes da acción cultural da Deputación xa que promove a participación social no desenvolvemento da cultura activa e que chega á xente desde as propias entidades. Quere contribuír a unha cultura dinámica e con iniciativas de seu, que irradien cultura desde a propia base”, sinalou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

A deputada nacionalista apuntou que a convocatoria busca apoiar un “eixo fundamental para a nosa cultura, a das actividades que se producen desde a propia socieda

14 de xullo de 2016 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.