publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora as condicións de traballo do sector profesional de Malpica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de executar diversas obras de mellora das condicións de traballo para o sector profesional de Malpica. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ao peirao do municipio coruñés.

Durán Hermida deu conta dos traballos que o seu departamento vén de executar cun investimento de arredor de 12.000 euros. En concreto, realizáronse diversas pavimentacións en varios puntos da explanada e o vial portuarios, que se atopaban deteriorados polo paso constante de tránsito pesado.

Así mesmo, Portos de Galicia rematou recentemente a reparación das defensas e a escaleira do dique interior do peirao. Esta actuación reforza a seguridade e mellora as condicións do atraque no peirao malpicán. Finalmente, realizáronse diferentes reparacións de avarías eléctricas que foran trasladadas polos usuarios do porto.

21 de xullo de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.