publicidade hoxe

A Consellería do Mar investirá 700.000 euros na construción de pantaláns para pesqueiros no porto de Cabo de Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Rosa Quintana na visita ao peirao de Cabo de Cruz

Rosa Quintana na visita ao peirao de Cabo de Cruz

A Consellería do Mar investirá 700.000 euros na dotación de pantaláns para embarcacións pesqueiras no porto de Cabo de Cruz, no municipio coruñés de Boiro. Así o confirmou esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, nunha visita ao peirao acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

Rosa Quintana lembrou que as obras para a construción destes pantaláns saíron a licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG) a semana pasada e a estimación do seu departamento é que os traballos poidan estar contratados a final de ano para dar comezo a principios do vindeiro 2017. En concreto, esta dotación permitirá crear prazas de amarre para 125 embarcacións de esloras ata 10 metros. Esta capacidade dará resposta á totalidade das demandas existentes na actualidade e reserva máis de 30 prazas libres para ocupar no futuro.

Con esta obra a Xunta de Galicia afonda no compromiso de dar resposta ás necesidades do sector profesional de Cabo de Cruz que se iniciou coa dotación de abrigo, a través da creación dunha nova dársena na que se investiron 12 millóns de euros. A Consellería do Mar seguirá avanzando neste compromiso coa licitación nos vindeiros meses das obras de construción de pantaláns para 4ª lista (embarcacións mexilloeiras).

Neste caso, proxéctanse 139 prazas de amarre para esloras comprendidas entre os 12 e 22 metros. Así mesmo, proxéctase a instalación dun dique flotante de 5 metros de anchura que se situará na parte máis exposta da dársena. Este proxecto técnico está xa rematado e sairá a licitación nos vindeiros meses cun orzamento de preto de 7 millóns de euros.

6 de xullo de 2016 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.