publicidade hoxe

A Consellería do Mar acomete a mellora do pavimento no entorno da Casa do Reloxo de Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a executar os traballos de mellora do pavimento no entorno da chamada Casa do Reloxo do porto de Mugardos. Así o comunicou esta mañá o presidente do organismo portuario, José Juan Durán, nunha visita ao municipio coruñés.

Durán Hermida explicou que Portos investirá nesta actuación 35.000 euros para a reposición do firme de adoquín na explanada portuaria. Segundo indicou, estes traballos responden á necesidade trasladada polo Concello para o adecentamento do entorno dos edificios portuarios que se ubican na zona.

En concreto, os traballos consisten no subministro e colocación dun novo firme de adoquín de granito de 20x10x10 centímentros. Para elo previamente derrubarase o pavimento existente e xestionarase no punto autorizado para este fin. Esta actuación incluirá ademais a instalación de novas canalizacións e arquetas de augas residuais na zona.

Durante a súa visita, Durán Hermida lembrou que Portos de Galicia vén de investir no porto de Mugardos nos últimos meses máis de 75.000 euros en diversas melloras para os usuarios do porto e a cidadanía da vila. Entre estas actuacións destacou a instalación de novas defensas no peirao de descarga solicitadas polo sector e que contaron cunha achega de máis de 32.000 euros.

12 de xullo de 2016 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.