A Consellería de Sanidade realizará unha valoración xeral do edificio da Comandancia de Vilagarcía de Arousa
A Consellería de Sanidade ten previsto realizar unha valoración xeral do edificio da Comandancia en Vilagarcía de Arousa, co obxectivo de determinar se estes espazos cumpren con todos os requisitos técnicos e administrativos para albergar un centro de saúde.
No día de onte, dous técnicos da Consellería de Sanidade visitaron as instalacións para recoller os primeiros datos, pero está previsto que o proceso de valoración xeral se estenda varias semanas, xa que é necesario contar con toda a información dispoñible, da Autoridade Portuaria e do propio Concello.
Unha vez recollida toda a información e elaborada a valoración xeral, das súas conclusións se determinará se finalmente estas instalacións son ou non unha opción válida dende os puntos de vistas técnico e administrativo para acoller un centro de saúde.











