publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Educación executará novas melloras no CEIP de Baño-Xanza en Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os CEIP de Baño-Xanza en Valga, acompañado do alcalde da localidade, José María Bello Maneiro, onde a Consellería de Educación ten previsto levar a cabo este verano obras na cuberta do pavillón, así coma no patio de acceso ao centro e na pasarela cuberta do mesmo.

As obras no CEIP de Baño-Xanza completan o acordo firmado esta primavera entre o municipio de Valga e a Consellería de Cultura e Educación e que permitiron a execución de diversas obras menores como o pintado do centro, segundo explicou Cores Tourís, e que se executarán con cargo ao RAM da propia Xefatura Territorial de Educación (reforma, ampliación e mellora).

Deste xeito, ao longo do verán, a Xunta executará o remate das melloras no ximnasio do centro que xa se están a executar nestes intres, tanto na instalación dun novo piso como na aplicación de protección nas paredes. Tamén se ampliará a pasarela cuberta e protexerase na parte sur para evitar que os rapaces sufran as inclemencias da choiva no inverno. Por outra banda, levarase a cabo a mellora da cuberta do pavillón, reparando as unións entre chapas para evitar a filtración de augas, e a reparación das chapas traslúcidas. Finalmente, impermealizarase tamén o patio de entrada do centro para evitar caídas e problemas de filtracións coas choivas.

Pola súa banda, o concello comprometeuse a eliminar a fosa séptica do centro educativo así como a instalar una nova tubaxe que enlace coa rede de saneamento municipal.

O alcalde da localidade agradeceu a colaboración da Xunta para a execución destes traballos que permitirán mellorar este centro educativo da localidade, lamentando que unha vez máis a Deputación de Pontevedra non colabore como o facía anteriormente durante o goberno de Rafael Louzán. Neste senso, o delegado territorial apoiou a opinión de José María Bello Maneiro engadindo que “a pesar de que se convidou ao organismo provincial este ano a colaborar coas administracións locais e autonómica, a Deputación desbotaron reeditar o convenio”. Nese sentido, Cores Tourís volveu a agradeceu aos alcaldes de toda a provincia que souberan estar a altura das circunstancias e amosasen interese pola mellora dos centros das súas localidades, en base ás súas necesidades.

A Consellería de Educación leva investidos nos diversos centros educativos de Valga máis de 600.000 euros nos últimos anos, levando a cabo obras como a cuberta do IES onde tamén se mellorou a ventilación dos obradoiros de soldadura e se instalaron comportas de aspiración, ou a reposición de cubertas, reforma da fontanería, sistema eléctrico, aseos e calefacción do colexio do municipio.

13 de xullo de 2016 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.