Xunta e USC colaboran para prestar asistencia pericial aos xulgados galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’. Foto: C. Paz

Alfonso Rueda na visita ao Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’. Foto: C. Paz

O vicepresidente, Alfonso Rueda, realizou esta mañá unha visita ao Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’, un centro que se creou hai xa case 25 anos de forma conxunta entre Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia e que serve de exemplo da colaboración entre ambas institucións.

En Galicia contamos co Instituto de Medicina Legal, o Imelga, que ten servizo de patoloxía e clínica, mentres que o ‘Luis Concheiro’ da USC encárgase do servizo de laboratorio. Así, ademais do seu labor docente e de investigación, leva a cabo unha tarefa fundamental no asesoramento da Administración de Xustiza e polo tanto a Xunta contribúe ao seu financiamento.

O centro realiza as probas de toxicoloxía e xenética forense que precisan os médicos do Imelga e os xuíces e fiscais. O ano pasado lles foron solicitados 1.144 informes periciais, para os que analizaron 2.241 mostras e fixéronse 11.125 analíticas. Ademais, tamén realizaron 64 probas de paternidade e 42 análises de criminalística.

O ‘Luis Concheiro ‘é un instituto de carácter mixto, creado a raíz dun convenio entre a USC e Consellería de Presidencia no ano 1992. Actualmente está dirixido pola catedrática de Medicina Legal Victoria Lareu e conta con preto de 50 traballadores, entre profesores, bolseiros e persoal de laboratorio.

13 de xuño de 2016 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.