publicidade hoxe

Xunta e Concello de Soutomaior avanzan cara a aprobación definitiva do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Soutomaior

Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Soutomaior

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, para analizar o estado actual da tramitación do PXOM, que foi achegado polo concello para aprobación definitiva o pasado 7 de abril.

O encontro serviu para avanzar na recompilación da documentación requirida nos oficios de integridade documental do expediente administrativo e do proxecto, remitidos ao concello os pasados 6 e 24 de abril, dos cales gran parte xa foron solucionados pola Administración local nunha primeira achega o 14 de abril.

O alcalde manifestou que os requirimentos quedarán completados na súa totalidade nos vindeiros días, e deu conta do avanzado das xestións para que as administracións que teñen pendente a emisión do seu correspondente informe sectorial o acheguen o antes posible.

Rivas Díaz indicoulle ao alcalde que unha vez que o concello dea cumprimento a dito oficio, a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que estea completo.

Cómpre destacar que o plan xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 5 de febreiro de 2015 e porá fin a unhas normas subsidiarias de planeamento vixentes desde 1989.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento -que foi contratado no ano 2004 e que planificará o desenvolvemento do concello pontevedrés nos vindeiros 16 anos- para o cal concedeu axudas por importe de 87.000 euros.

22 de xuño de 2016 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.