Un traballador ferido ao golpearse cunha carreta no porto do Berbés
Un home resultou ferido na madrugada deste venres ao golpearse cunha carreta cando traballaba no porto do Berbés, en Vigo. Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 1,45 horas deste venres, momento no que os efectivos sanitarios enviaron unha ambulancia ao punto. O persoal do CAE 112 Galicia informou á Policía Nacional, á Policía Local, a Protección Civil e á Autoridade Portuaria.











