Un motorista ferido ao chocar contra un tractor en Santiago
Un home resultou ferido na mañá deste mércores en Santiago de Compostela despois de que a moto na que circulaba chocase contra un tractor. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 10,40 horas na estrada de Ameixenda, á altura do lugar de Brins.
Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago, Protección Civil e a Garda Civil, así como unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao Hospital Clínico de Santiago.











