Un estibador resulta ferido grave tras ser atropelado por unha carreta no porto de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+
Europa Press

Un estibador que traballaba no porto de Vilagarcía (Pontevedra) resultou ferido de gravidade na mañá deste luns tras ser atropelado por unha carreta na dársena de Camboa.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 9,30 horas no porto de Vilagarcía e ata o lugar desprazáronse efectivos do servizo municipal de emerxencias, Policía Nacional e Garda Civil.

Así mesmo, acudiu o helicóptero medicalizado do 061, que trasladou ao ferido, en estado grave, a un centro hospitalario.

13 de xuño de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.