publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un ancián e o seu fillo son evacuados ao incendiarse a súa vivenda en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas foron evacuadas na mañá deste venres no municipio ourensano de Castrelo de Miño ao resultar afectada polo fume que inhalaron ao producirse un incendio na súa vivenda, situada no lugar de Traveso.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, foi un particular quen informou do suceso ás 7,20 horas deste venres, cando indicou que vía saír fume pola porta dunha casa, na que reside un señor de avanzada idade e o seu fillo.

Tras iso, os servizos de emerxencia avisaron a Urxencias Médicas, Garda Civil e aos efectivos do GES de Ribadavia e de Protección Civil de Castrelo de Miño que continúan no lugar coas tarefas de extinción do lume, que permanece controlado.

17 de xuño de 2016 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.