publicidade hoxe

Sergas e Concello da Laracha asinan un convenio de cooperación para a execución das obras de ampliación do centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Jesús Vázquez Almuiña na sinatura do convenio. Foto: M. Fuentes

Jesús Vázquez Almuiña na sinatura do convenio. Foto: M. Fuentes

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde do concello de A Laracha, José Manuel López Varela, asinaron hoxe un convenio de cooperación para a execución das obras de ampliación e reforma do centro de saúde.

O actual centro de saúde é propiedade do Concello, estando suxeito actualmente ao proceso de cesión ao Sergas segundo a Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración local. En tanto se tramita a transferencia do centro de saúde é necesario dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da colectividade, mediante unha máis rápida atención asistencial ao cidadán, polo que faise necesario a ampliación e reforma do centro. Conscientes de dita necesidade, Sergas e Concello acordan unir os seus esforzos para acadar o obxectivo sinalado.

Segundo o convenio, o Concello de A Laracha comprométese a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión patrimonial ao Sergas dunha parcela libre de cargas e gravames, coa clasificación de uso sanitario. Ademais, asumirá todos os gastos necesarios para dotar á parcela para a ampliación do centro das infraestruturas necesarias, tales como acceso rodados e peonís, abastecemento de agua, saneamento, subministración eléctrica, etc.

Pola súa banda, o Sergas comprométese á elaboración e de ser o caso, á supervisión, e á aprobación do proxecto técnico, así como a contratar, dirixir e executar as obras de ampliación, con cargo aos seus orzamentos.

Modernizar as infraestruturas

O conselleiro de Sanidade dixo hoxe que esta sinatura enmárcase nunha das liñas da Estratexia do Sergas que é modernizar as infraestruturas da rede de atención primaria. “Queremos facelo de xeito sostible e para mellorar a asistencia prestada aos cidadáns. Neste caso, falamos dos máis de 10.000 pacientes aos que se presta atención primaria en A Laracha, e tamén o conxunto dos máis de 15.000 habitantes deste mesmo concello e de Cerceda aos que se oferta asistencia ás urxencias extrahospitalarias no PAC”.

Almuiña lembrou que esta mellora das instalacións vaise acometer con cargo aos recursos adicionais dos que dispón este exercicio o Goberno galego como consecuencia do cumprimento do déficit.

No acto estiveron presentes, así mesmo, a xefa territorial de Sanidade de A Coruña, Cristina Pérez Fernández; e o xerente de Xestión Integrada do Sergas, Francisco Vilanova Fraga.

28 de xuño de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.