publicidade hoxe

Rey Varela mostra o seu compromiso coas persoas afectadas por enfermidades de dependencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na reunión coa Asociación Exalcohólicos Ferrolterra

Rey Varela na reunión coa Asociación Exalcohólicos Ferrolterra

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol con responsables da Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra. O motivo deste encontro foi coñecer de primeira man os servizos e programas que desenvolve esta entidade, así como estudar a posibilidade de abrir novas liñas de colaboración. Na xuntanza tamén estivo presente o director xeral de Inclusión, Arturo Parrado.

A entidade, fundada hai máis de catro décadas, ten como piar fundamental combater a enfermidade alcohólica a través dun tratamento específico para os usuarios/as. O seguimento do mesmo realízase a través dun equipo técnico formado por un psiquiatra, unha psicóloga e un traballador social. Así mesmo, ofrécese axuda e tratamento para persoas con outras enfermidades por dependencia como o tabaquismo, a ludopatía ou a cleptomanía.

O presidente da asociación, Miguel Fraga López, trasladou ao conselleiro as necesidades da entidade, así como as principais liñas de actuación desenvoltas pola mesma, nomeadamente os obradoiros ocupacionais, os programas de prevención nos colexios, de sensibilización da poboación ou o de prevención de recaídas.

22 de xuño de 2016 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.