Prisión provisional para o detido por supostos abusos sexuais a un menor de 12 anos en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o vigués de 54 anos detido por axentes da Policía Nacional como presunto autor de abusos sexuais a un menor de 12 anos.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home pasou a disposición xudicial o pasado día 10 e o xuíz decretou o seu ingreso en prisión por un suposto delito continuado de abuso sexial.

A Policía concretou que o detido conta cun “longo historial” de denuncias por abusos sexuais a menores dende 2004, pero a pesar de varias imputacións, en ningún caso “se puido concluír a súa autoría debido ao medo ou vergoña” a denunciar das vítimas, así como á curta idade de estas.

A investigación iniciouse tras a denuncia presentada polos pais do menor ao crer que o seu fillo podería ser vítima de abusos. Tras unha análise do móbil da vítima atopáronse arquivos de carácter sexual intercambiados co presunto agresor.

Tras ser detido, ao home interviñéronselle catro teléfonos móbiles no seu domicilio, que foron enviados para a súa análise á brigada da policía científica.

Durante a investigación constatouse que en 2004 a exmuller do detido denunciara este home por tocamentos á filla de ambos os dous, mentres que, posteriormente, unha muller presentou unha denuncia na que aseguraba que a súa filla de catro anos sufrira abusos por parte deste varón. Con todo, non se logrou demostrar a súa autoría, segundo explica a Policía.

Esta investigación foi levada por axentes do Grupo Operativo SAF, pertencente á brigada local da policía xudicial. Do caso encárgase o xulgado de instrución número 2 de garda en Vigo.

14 de xuño de 2016 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.