publicidade hoxe

Política Social reforza o seu compromiso para acadar un mundo con menos barreiras e unha sociedade máis integradora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou a atención directa, especializada e integral que se presta no Centro de Atención a Minusválidos Físicos de Ferrol (CAMF) no acto de celebración do 25 aniversario da súa entrada en funcionamento. Rey Varela felicitou ao equipo profesional, usuarios e familiares que formaron ou forman parte da traxectoria deste Centro, que “día a día responde á necesidade de impulsar a calidade dos servizos que ofrece”, dixo.

Na súa intervención, o conselleiro sinalou como prioritaria “a consecución dun mundo con menos barreiros e dunha sociedade máis integradora”, avogando por “abrir todos os ámbitos da sociedade a todas as persoas, sen exclusións”. Neste sentido, destacou o novo impulso dado pola Xunta de Galicia ás políticas sociais cun incremento do 12% dos orzamentos destinados a esta área e a elaboración e a elaboración da nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020.

Ao respecto desta estratexia, sinalou que “é o resultado da participación das entidades e de diferentes departamentos autonómicos e que constitúe “a folla de ruta dos vindeiros anos para que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente, así como para avanzar na plena inclusión social”. En concreto, este documento contén preto de 500 medidas centradas en seis liñas básicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais; co obxectivo de “contar con todos e todas para conseguir unha Galicia máis próspera e inclusiva”, concluíu.

22 de xuño de 2016 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.