PharmaMar celebrará o xoves en Vigo unha xunta xeral ordinaria e extraordinaria de accionistas
A xunta xeral ordinaria e extraordinaria de accionistas de PharmaMar celebrarase o próximo xoves, 23 de xuño, no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi). Entre as propostas de acordo que se someterán á aprobación da xunta xeral atópanse a aprobación das contas anuais e informe de xestión de PharmaMar S.A. correspondentes ao exercicio de 2015.
Previamente, a compañía convocou un encontro cos medios de comunicación no que participarán o presidente do grupo, José María Fernández Sousa-Faro; a directora financeira, María Luisa de Francia; o director xeral da unidade de negocio de oncoloxía, Luis Mora; e o director de relación con investidores e mercado de capitais, José Luis Moreno.











