publicidade hoxe

Perfecto Rodríguez participa no 30 aniversario da residencia de maiores de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou neste mediodía no trixésimo aniversario da residencia de maiores de Ponteareas (Pontevedra), na que tamén está integrada o centro de día que xestiona a Consellería de Política Social a través do propio Consorcio. Alí, o xerente asegurou que os maiores galegos son “peza esencial” para a Xunta de Galicia e avanzou que a actualización do Plan rexional de Persoas Maiores está en fase de elaboración e será aprobada proximamente no Consello da Xunta.

No acto, que tivo lugar na residencia de maiores Santa Ana, Perfecto Rodríguez, destacou o incremento das partidas destinadas a maiores como reflicte que a nova Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade teña neste ano 2016 un aumento do 7% con respecto ao orzamento consignado a esta área en 2015. “Unha suba que nos permitirá coidar mellor dos nosos maiores, consignar máis cartos para atención á dependencia ou abrir máis centros para maiores”, engadiu.

17 de xuño de 2016 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.