Os conselleiros de Política Social e Educación sobre Baltar: “Respectar as actuacións xudiciais, nin un paso por diante nin por detrás”
Os conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela, e de Educación, Román Rodríguez, coincidiron en apelar á colaboración coa xustiza despois de que transcendera a citación en calidade de investigado do expresidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar. “Hai que respectar as actuacións xudiciais, nin un paso por diante, nin un paso por detrás”, ratificáronse, en palabras do dirixente ferrolano.
O xulgado de Instrución número 3 de Ourense, onde se segue o procedemento polos presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias a raíz dunha denuncia presentada por unha muller contra Manuel Baltar Blanco, e na que denunciante está no caso como prexudicada por acoso sexual, citou a Baltar pai nas últimas horas, para o próximo 8 de xuño.
Nun acto en Lugo, no que participaron ambos os dous conselleiros e a preguntas dos medios, Rey Varela puntualizou que “hai que respectar as actuacións xudiciais, non ir un paso por diante, nin un paso por detrás, e colaborar sempre coa Xustiza no esclarecemento dos feitos”.
Interpelado polo mesmo Román Rodríguez limitouse en sinalar que “non” tiña nada máis que “engadir”. “Xa falou o conselleiro (por Rey Varela) e falou ben nese aspecto; e é o que temos que dicir ao respecto”, concluíu.











