publicidade hoxe

Os comités de Alcoa en San Cibrao e A Coruña presentarán un escrito na Xunta para que Feijóo os reciba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCervoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Os comités de empresa das fábricas de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), e A Coruña presentarán este xoves 23 de xuño un escrito no rexistro xeral da Xunta no que solicitan unha reunión co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

O documento, que será entregado no complexo administrativo de San Caetano ás 11,30 horas, diríxese directamente a Feijóo, ao que os traballadores requiren que lles informe das “súas xestións para contrarrestar” a “crítica situación” dos equipos.

E é que a multinacional do aluminio, segundo recordan os comités, a finais do pasado mes, puxo “en jaque” o futuro da produción de aluminio primario en Galicia ao confirmar que está a avaliar as plantas que ten en España para tomar medidas entre as que non descarta a venda, a entrada de socios, a redución de produción ou o peche.

Nun comunicado remitido aos medios polo presidente do comité coruñés, Juan Carlos López Corbacho, o equipo indica que solicita tamén a Feijóo que dea conta “das propostas e alternativas nas que a Xunta está a traballar para cambiar a actual regulación da tarifa eléctrica para a industria gran consumidora, que en definitiva -incide- é o causante de todos os problemas que ameazan o futuro”.

21 de xuño de 2016 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.