O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destaca a importancia da formación non regulada dos maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, clausurou esta mañá o curso UNED Sénior A Coruña no que colabora a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade cunha partida de 13.200 euros.

Alí, o xerente do Consorcio destacou a importancia da “formación non regulada dos nosos maiores” para acadar “un envellecemento activo e participativo”. Nesta liña, cómpre destacar a actualización do Plan rexional de Persoas Maiores que está en fase de elaboración e que será aprobada proximamente no Consello da Xunta.

No acto, que tivo lugar no centro asociado da UNED na Coruña, Perfecto Rodríguez, destacou o “esforzo e dedicación” dos maiores graduados e gabou á UNED “que leva organizando estas actividades na súa sede central e nos seus centros asociados desde o ano 2008”.

17 de xuño de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.