O IES Eusebio da Guarda celebra o seu 125 aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
O presidente da Xunta no acto do 125 aniversario do IES Eusebio da Guarda

O presidente da Xunta no acto do 125 aniversario do IES Eusebio da Guarda

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á conmemoración do 125 aniversario do IES Eusebio da Guarda como a proba de que Galicia pode ollar o futuro coa confianza de quen xa non é espectadora senón protagonista do seu destino.

Durante a celebración, Feijóo afirmou que este acto e os 100.000 alumnos que pasaron pola aulas do Eusebio da Guarda poñen de manifesto que os grandes logros, como é o ensino como servizo público -como un dereito, un deber e unha garantía-, son sempre consecuencia dun avance seguro e constante.

O titular da Xunta afirmou que é esta idea a que anima ao Executivo galego a seguir traballando xuntos para facer fronte aos novos retos aos cales hai que dar resposta; “para que os nenos que saian destas aulas teñan coñecementos sobre o que fomos e o que somos, pero tamén para que loiten cando saian de aquí polo que debemos ser”.

Nesta liña, destacou a implicación deste IES que no curso actual conta con 1.123 alumnos de bacharelato, ESO, educación de adultos e ciclos formativos; onde en 2011 comezou a súa andaina a primeira promoción plurilingüe do instituto; que participou desde a súa creación no Plan Proxecta e tamén nos programas Quérote +, Aliméntate Ben, Clase sen fume; así como no Plan de formación permanente do profesorado de bibliotecas e no Programa PIALE; no Proxecto de formación en centros para profesorado de formación profesional, no Proxecto Abalar e no Erasmus+.

14 de xuño de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.