publicidade hoxe

O DOG publica a licitación do proxecto para a construción do enlace de Areas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaPontevedraTui
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación do servizo para a redacción do proxecto de construción da vía de alta capacidade (VAC) de Tui-A Guarda, treito enlace A-55 – enlace de Areas.

Este contrato licítase por un importe de máis de 75.000 euros e prevese un prazo de execución de 8 meses. A data límite para a presentación de ofertas será o vindeiro día 30 de xuño. No seguinte enlace pódese consultar máis información sobre esta resolución: http://goo.gl/rz8FwTnova venta

O inicio da contratación do proxecto construtivo posibilitará que se poida iniciar a súa redacción este mesmo verán. A continuación será posible licitar as obras do enlace que suporán un investimento por parte da Xunta de arredor de 12 millóns de euros.

Coa licitación de hoxe avánzase na determinación do Goberno galego por completar o eixo de altas prestacións entre Tui e A Guarda, comezando pola conexión do enlace de Areas coa N-551 e a A-55, necesario para solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial. Cómpre lembrar que con data 6 de maio foi sometido a información pública a efectos expropiatorios o proxecto de trazado do enlace de Areas, que se desenvolverá nivel construtivo e se integrará co da VAC Tui – A Guarda mediante o contrato que hoxe se licita.

A Xunta, tras unha fonda análise técnica, funcional e social, detectou que este treito é o máis urxente nesta infraestrutura, xa que nel conflúen a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais posibilítase a conexión dun polígono empresarial, o de Areas, que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.

O Goberno galego xa ten acadado unha solución que posibilita movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas.

Cómpre lembrar que desde o 2014 está en servizo o treito entre Goián e A Guarda, 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

15 de xuño de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.