O detido polo crime de San Fiz comparecerá o luns ante o xuíz
O home que permanece detido como presunto autor do a morte dunha novo de Castro de Rei acoitelada no seu vehículo no barrio de San Fiz, en Lugo, volverá comparecer ante o xuíz o próximo luns, día 4 de xuño, segundo informou o subdelegado do Goberno na provincia.
En concreto, trátase dun novo de nacionalidade senegalesa que foi parella da vítima e que foi arrestado nunha pensión do barrio de San Roque pola Policía Nacional dous días despois de que se perpetrase o crime en
En declaracións aos medios este venres, Carballo xustificou que dentro do que é a instrución, que leva o xulgado número tres de Lugo, dedicado aos casos de violencia de xénero, o xuíz, Sergio Orduña, “considerou conveniente que volva prestar declaración para confirmar ou contrarrestar declaracións anteriores, baseándose en novas probas que se achegaron ao xulgado”.
Ademais, tamén se referiu a “dous casos illados”, sobre un suposto acosador de menores na cidade de Lugo. “Son dous casos que non deben levantar máis alarma que a propia denuncia de dúas nenas que presentan denuncia porqué alguén achegouse a elas, non se sabe con que fins, e polo tanto hai certa alarma”.
“Entre os pais circularon mensaxes, mesmo unha foto dunha persoa, a cal está detida pero non está detida en nada relacionado con isto senón por uns altercados en Sarria”, puntualizou.