publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar promove a integración social dos usuarios co programa ‘Aprendizaxe Solidaria’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonte
A-
A+

O centro de día de Begonte (Lugo) da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, desenvolverá o próximo 23 de xuño unha nova xornada do seu programa ‘A Aprendizaxe Solidaria’, que botou andar no pasado mes de maio.

O programa ‘A Aprendizaxe Solidaria’ artéllase en sesións formativas impartidas no propio centro por axentes externos, que reciben como contrapartida coñecementos ou servizos por parte dos usuarios ou dos traballadores.

Trátase dunha actuación de intervención comunitaria para fomentar a formación continuada dos usuarios mediante a colaboración social polo que, ao mesmo tempo, supón a apertura do centro á comunidade da súa contorna e favorece o intercambio de saberes interxeracionais.

Na xornada do próximo 23, dous integrantes do club de tenis de mesa Dez Portas de Lugo realizarán unha exhibición, á que seguirá unha sesión de xogos adaptados para os maiores. Pola tarde, unha veciña de 97 anos de idade fará unha demostración de regueifas para os usuarios.

O pasado 25 de maio, o centro de día de Begonte xa acollera unha xornada incluída nese programa, que foi impartida por unha canteira de Guitiriz

20 de xuño de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.