publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O conselleiro de Política Social continúa coa súa rolda de encontros cos alcaldes galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaza
A-
A+
José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Laza

José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Laza

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio ourensán de Laza, José Ramón Barreal Novo.

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar. No presente ano incrementáronse 840 horas anuais (15.600 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 99,35%.

Ademais de recoñecer os fitos acadados ata o de agora grazas a colaboración entre ambas entidades, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio, nomeadamente, os que atinxen á atención da infancia e da terceira idade.

13 de xuño de 2016 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.