O Concello de Cambados recibe 20.000 euros para mellorar os servizos urbanísticos da rúa Bimbio
A Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de aprobar unha nova axuda ao concello de Cambados dentro do Plan Concellos 2016, concretamente na liña 1 destinada a investimentos. Nesta ocasión, o concello destinará os 20.000 € entregados pola institución provincial á mellora dos servizos urbanísticos da rúa Bimbio.
No que levamos de 2016, xa foi entregado o 89,9% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 813.619,68 €.