O cineasta Saul Levine destaca a oportunidade do festival (S8) para ver as súas películas en España
Saul Levine, considerado o “cineasta disidente” máis importante de Estados Unidos, asegurou que o seu traballo “leva a implicación política” na súa propia forma”. “Non é tan importante o que din os cineastas senón o que fan”, afirma.
Así manifestouse durante un encontro celebrado este xoves con motivo da súa participación na sétima edición da Mostra de Cinema Periférico (S8), que se celebra do 1 ao 5 de xuño na Coruña, e que estará dedicada este ano a tres nomes do cinema de vangarda. A Levine, súmanse os cineastas William Raban e Nicky Hamlyn.
Precisamente, durante a súa intervención, Levine destacou a “oportunidade” que brinda o (S8) para que o público poida ver as súas películas. “Non se viron moito en España, polo que esta é unha boa oportunidade para velas, gusten ou non”, indicou.
O traballo de Levine, quen dende finais dos sesenta emprega como ferramenta fundamental o Súper 8, xunta o chamado ‘cinema diarístico” coa busca formal e a militancia política.
PELÍCULAS DIARÍSTICAS
De feito, este cineasta destaca por o seu ‘notas’, películas diarísticas nas que a cámara parece ser a prolongación do corpo, e que se poderán ver neste festival.
“Eu estou moi interesado na representación da consciencia nas películas”, comentou o cineasta estadounidense, que destaca a importancia que adquire a interpretación dos protagonistas das súas películas.
A obra deste mestre internacional poderá verse o xoves e o sábado en dúas sesións especiais no CGAI, na Coruña.











