publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente investirá 450.000 euros na mellora e ampliación da EDAR de Xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Porto do Son

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Porto do Son

A consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 450.000 euros na execución das obras de saneamento do núcleo de Caamaño e na mellora e ampliación da EDAR de Xuño, en Porto do Son. Así se recolle no convenio asinado hoxe entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Luis Oujo.

Estas obras comprenden as actuacións precisas para a posta en servizo efectiva da EDAR de Xuño, xa que é necesario actuar na depuradora e realizar a conexión coas parroquias de Xuño e Caamaño, onde reside a poboación que pretende servir.

En concreto, os traballos incluirán unha serie de arranxos e a execución de instalacións novas na infraestrutura xa existente da EDAR. Ademais, acometerase a conexión desta depuradora cos núcleos de Xuño e Caamaño a través de tres tramos de colectores por gravidade dunha lonxitude total de 788 metros, e dun novo bombeo.

O obxectivo é dotar dun servizo de saneamento e depuración axeitado a todos os veciños. A poboación a que dará servizo estímase nun total de 1.013 habitantes equivalentes.

Esta actuación, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ten como finalidade mellorar a calidade de vida dos veciños e eliminar filtracións ao medio ambiente. Deste xeito, dáse cumprimento tamén á Directiva de Augas Residuais.

15 de xuño de 2016 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.