publicidade hoxe

Medio Ambiente estudará o proxecto de humanización da Travesía de Vea e da Igrexa no concello da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde da Estrada

Beatriz Mato na reunión co alcalde da Estrada

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estudará a colaboración co concello da Estrada para humanizar a coñecida como “zona dos viños”, conformada pola Travesía de Vea e a Travesía da Igrexa, tal e como lle demandou hoxe o o alcalde da localidade estradense, José López Campos, durante un encontro de traballo que tivo lugar en Santiago.

O obxectivo deste proxecto é transformar esta zona nun espazo de lecer para uso e goce de todos os estradenses. Ambas rúas, soleadas, atópanse próximas á Praza do Mercado –recentemente rehabilitada-, en pleno centro do casco urbano do concello. Ademais, ambas rúas son peonís, o que as converten nun enclave de especial interese para desenvolver un proxecto de adecuación integral.

As actuacións recollidas no proxecto presentado hoxe inclúen mellorar o acabado superficial das rúas, así como as infraestruturas soterradas, a iluminación e a instalación dun novo mobiliario urbano.

Esta actuación podería inscribirse no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010, e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e a local; e promover o reequilibrio territorial en Galicia.

Desde 2010, téñense executado ao abeiro desta iniciativa 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Este ano, o investimento global no Hurbe ascenderá a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns.

17 de xuño de 2016 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.