Martiño Noriega celebra o recoñecemento a Xerardo Estévez cunha Medalla Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que este ano acode á entrega das Medallas Castelao, celebrou que un destes recoñecementos recaia no que fose rexedor da cidade, o socialista Xerardo Estévez, “unha persoa que hai que reivindicar”.

Preguntado polos medios ao respecto da súa asistencia este ano e a súa ausencia en 2015, Noriega escusou que non é “omnipresente, nin omnipotente”, en referencia a que tiña outros compromisos, como o recoñecemento a Isaac Díaz Pardo, no caso das Medallas de Galicia, ou un asunto persoal, o 28 de xuño de 2015.

“Vou en representación da cidade, como vou a moitos actos. Ademais, vou encantado, hai un recoñecemento a Xerardo Estévez, “unha persoa que hai que reivindicar”, manifestou, antes de asegurar que o sentimento no Concello é xeneralizado a favor deste recoñecemento. “Estamos moi contentos”, remarcou.

Noriega explicou o pasado ano que non puido acudir por “problemas de axenda”, pero, ademais, denunciou, que había “tempo” que “este tipo de actos” non tiñan “a dimensión institucional que deberían ter” e eran “sistematicamente instrumentalizados partidariamente”.

28 de xuño de 2016 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.