Martiño Noriega avoga por un candidato á Xunta que levante consenso en sintonía coa pluralidade das mareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, apostou por un candidato que “levante amplo consenso” para as próximas eleccións autonómicas dado o “esquema moi plural” das mareas e volveu asegurar que a persoa que opte á Xunta a determinará “o proceso”.

Así se pronunciou este xoves en declaracións aos medios, aos que explicou que non lle gusta “poñerlle etiquetas aos homes e mulleres que poidan ser elixidos” ao considerar que “hai moitos recursos humanos” para poder optar a ese perfil”.

“Estou absolutamente de acordo en que debe ser unha persoa que levantase amplo consenso”, insistiu, tras volver descartarse como posible aspirante das mareas á Xunta aos comicios autonómicos.

Ademais, preguntado por se cree En Marea debe concorrer coa misa fórmula a estas eleccións, Noriega augurou que “o que tocará” facer con este espazo consolidado de cara ao futuro” é “amplialo e melloralo”.

“O que aconteza no futuro o teremos que decidir colectivamente de forma cooperativa entre as diferentes sensibilidades que operan na marea”, indicou.

30 de xuño de 2016 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.