Máis de 13.000 xóvenes participaron nos obradoiros impartidos polos centros Quérote+ no curso 2015-2016
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no IES Fin do Camiño de Fisterra na presentación dun vídeo promocional dos recursos do servizo Quérote + realizado polos alumnos e alumnas deste centro dentro do seu proxecto multidisciplinar De ti a ti, que pretende fomentar a información entre iguais e enriquecer a aprendizaxe dos alumnos/as en varias materias, entre elas, a educación para a cidadanía.
A directora xeral animounos a seguir con este proxecto, xa que “que as accións realizadas polos propios compañeiros e compañeiras de clase ou de grupos de iguais teñen máis impacto e atención que as realizadas por persoas adultas, polo que é de interese promover este tipo de campañas protagonizadas pola propia mocidade”. O vídeo pódese ver no neste enlacenova venta.
Con este acto tamén se deu por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas; contribuíndo á convivencia harmónica e respectuosa na comunidade.
Neste curso que remata os centros Quérote+ acudiron a máis de 100 centros de ensino, impartindo un total de 542 obradoiros nos que participaron máis de 13.000 estudantes de secundaria de Galicia.
Ademais dos coñecementos e competencias dos obradoiros, os mozos e mozas que participan tamén coñecen un recurso que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon á súa disposición ao longo de todo o ano: o servizo de consultoría Quérote+, ao que poden acudir ao longo de todo o ano para resolver as súas dúbidas, tanto de forma presencial como por teléfono, mensaxería instantánea ou vídeo chat.