Lara Méndez di que honra a Méndez Romeu deixar a portavocía do PSdeG no Parlamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou este mércores que a decisión de José Luis Méndez Romeu de deixar a portavocía do PSdeG no Parlamento de Galicia, tras perder as primarias ante Xoaquín Fernández Leiceaga, “o honra”.

Antes de participar nunha reunión con empresarias de Lugo, a rexedora socialista valorou a figura de Méndez Romeu, a quen sempre dixo que “admirara” pola “súa grande traxectoria, por ser un gran profesional e grande coñecedor das institucións”.

Así mesmo, defendeu a súa implicación no PSOE e apoiou o argumento de que se trata de sumar e non se contradicir nalgún posicionamento, como se manifestou nas primarias, que había algunhas diferenzas, entre as dúas candidaturas”.

“No afán de sumar e de velar polo interese común, deu ese paso atrás que o honra e pon en valor a figura de Méndez Romeu”, insistiu.

1 de xuño de 2016 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.