publicidade hoxe

José Manuel Rey Varela mantivo un encontro de traballo co alcalde da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde da Guarda. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde da Guarda. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio pontevedrés de A Guarda, Antonio Lomba Baz.

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar. No presente ano incrementáronse 1.884 horas anuais (14.964 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 81,24%.O conselleiro informou aos representantes do concello da nova orde para o Servizo de Axuda no Fogar que posibilitará acadar o 100% de atención.

Outro tema abordado na xuntanza foi a situación das prazas públicas de escolas infantís que na actualidade suman un total de 60 cunha ratio de atención do 25,10% e propuxeron novas medidas para aumentar esta porcentaxe e sobrepasar o 33% que marca a Unión Europea como ratio aconsellable. Así, ambos mandatarios estudaron a posibilidade de ampliar a escola infantil do municipio pontevedrés e o alcalde foi informado da nova orde de investimento da Dirección Xeral de Infancia, Familia e Dinamización Demográfica.

29 de xuño de 2016 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.