publicidade hoxe

José Manuel Rey Varela mantén un encontro de traballo co alcalde de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+
José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Cedeira. Foto: C. Paz

José Manuel Rey Varela na reunión co alcalde de Cedeira. Foto: C. Paz

A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co obxectivo de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas as institucións.

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio de Cedeira, Diego Pablo Moreda Gil.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade.

Nesta liña, os dous líderes apuntaron cara posibles novas vías de colaboración. Máis concretamente, o estudio por parte da consellería da futura ampliación da escola infantil e a realización de actuacións de mellora na mesma, así como a optimización do servizo de axuda no fogar.

27 de xuño de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.