González Formoso destaca as posibilidades económicas e turísticas da olaría de Buño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, para analizar distintas liñas de colaboración e, en especial, as posibilidades de futuro da artesanía de Buño.

Nunha xuntanza co alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a especial relevancia da olaría de Buño non só como recurso cultural e turístico senón tamén produtivo, como ámbito de creación de emprego e riqueza para a comarca e confirmou a continuidade do apoio para o seu desenvolvemento.

O alcalde de Malpica destacou, pola súa parte, a relevancia da Mostra de Olaría de Buño que, segundo sinalou, converteuse xa nunha cita de especial atractivo turístico e cultural que se desenvolve no Ecomuseo de Buño, da Deputación da Coruña, con iniciativas como a cocedura das pezas ou a creación ao vivo na primeira quincena de agosto.

O Concello de Malpica de Bergantiños xestiona integramente o ecomuseo do Forno de Forte de Buño, adquirido e rehabilitado pola Deputación da Coruña como centro dedicado á tradición oleira da comarca. O ecomuseo do Forno do Forte de Buño conserva os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á alfarería ademais de recuperar a mostrar a historia das distintas formas que se asentaron na olería da comarca.

2 de xuño de 2016 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.