publicidade hoxe

Francisco Conde sinala aos empresarios premiados por Actualidad Económica como construtores de pontes entre as ideas e os empregos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+
Francisco Conde na entrega dos premios. Foto: M. Fuentes

Francisco Conde na entrega dos premios. Foto: M. Fuentes

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, sinalou hoxe aos homes e mulleres premiados nos galardóns anuais de Actualidad Económica como construtores de “pontes entre as ideas e os empregos”, consolidándose como parte do “corazón empresarial e industrial de Galicia”. Conde participou na entrega dos premios, que como Mellor Iniciativa Pública destacaron o labor da Xunta para a posta en marcha do polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, que o Goberno galego está configurando da man de Indra e Inaer ao redor do aeródromo de Rozas.

Un proxecto que, dixo Conde, “suporá un antes e un despois na industria galega”, cun investimento de 115 millóns de euros e a creación de 600 postos de traballo, transformando o tecido empresarial lucense e poñendo a Galicia á vangarda dun sector emerxente. O conselleiro lembrou que o polo sumará 42 millóns en contratos con empresas e centros tecnolóxicos galegos, que abrirán novas oportunidades para os nosos empresarios e emprendedores. “Unha oportunidade única para consolidar nesta terra un sector que, co tempo, chegue a ter a mesma dimensión que outros dos eidos estratéxicos como o téxtil ou a automoción”, dixo Conde.

Para acadar metas como esas, resaltou, empresarios como os premiados hoxe por Actualidad Económica “deben xogar un papel de liderado clave”. Entre as oito categorías premiadas, Conde destacou especialmente os galardóns ao Mellor Empresario e Mellor Traxectoria Empresarial.

O primeiro deles recaeu no conselleiro delegado do Grupo Copo, José Antonio Rodríguez Estévez. “É un galardón que responde a unha das maiores historias de éxito do sector automobilístico galego, construída sobre a innovación, a diversificación e a internacionalización”, defendeu Conde, que resaltou que a empresa “simboliza o mellor do presente e do futuro industrial de Galicia” a través dos seus proxectos para estar á vangarda a nivel europeo, varios deles da man da Xunta; a súa capacidade para superar as dificultades sen afectar aos máis de 450 empregos que a empresa ten en Galicia; e os pasos que ten dado para ampliar a súa carteira de clientes e expandirse noutros países, desde Cuba á República Checa.

Conde tamén referiuse ao galardoado ao premio á Mellor Traxectoria Empresarial, Ramiro Carregal, presidente de Frinsa, un empresario que “revolucionou o sector conserveiro co frío industrial e que hoxe sostén preto de 1.300 empregos”, e que vai máis alá do mundo da empresa, “impulsando o deporte galego, contribuíndo á restauración do santuario de A Virxe da Barca, e apoiando a investigación para curar o cancro”. Tanto Rodríguez Estévez como Carregal, dixo o conselleiro, representan a capacidade galega de “arriscar con boas ideas e
acadar novos horizontes para unha Galicia renovada”.

No que respecta ao resto dos premiados, o laboratorio lucense Cifga foi premiado como Empresa máis Innovadora, mentres que Logística Alimentaria se fixo co galardón á Empresa Revelación do Ano. Como mellor Iniciativa Empresarial foi premiada a colaboración entre Navantia e Iberdrola, mentres que Cortizo foi recoñecido á Mellor Estratexia Internacional, e Inditex foi galardoada co Premio Creación de Emprego.

16 de xuño de 2016 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.