Ferido o condutor dun trailer nun accidente de tráfico en Ourense
O condutor dun trailer de transporte de madeira resultou ferido na tarde deste martes tras sufrir un accidente de tráfico mentres circulaba pola provincia de Ourense.
Segundo a información do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 18,30 horas na estrada OU-504, entre Cea e O Carballiño, cando o camión saíuse da estrada e envorcou.
A causa do impacto, o condutor salio despedido e tivo que ser trasladado ao hospital por unha ambulancia do 061. Até o lugar desprazáronse tamén efectivos de Protección Civil do Carballiño.











