Feijóo pide explicacións a María Rey polo uso de prazas de discapacitados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Europa Press

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, demandou este xoves “explicacións” en relación ao uso irregular de prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida por parte da cabeza de lista de Ciudadanos (C’s) ao Congreso por Pontevedra, María Rey, e advertiu que, “de ser certo”, espera “algunha decisión nas próximas horas ou días”.

Manifestouno na mesma xornada na que María Rey, concelleira en Pontevedra, admitiu que foi denunciada pola Policía Local no ano 2014 por utilizar de forma irregular prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.

“Anteriormente a estar en Ciudadanos puxéronme unha multa e pagueina”, resolveu nunha breve comparecencia ante os medios no consistorio pontevedrés, facendo así alusión á noticia publicada polo diario ‘ABC’ na que se revela que durante polo menos catro meses valeuse de fotocopias en cor dun cartón a nome do seu marido que non acreditou. Por mor dunha denuncia cidadá, a Policía Local comprobou e sancionou a situación.

Respecto diso, Feijóo, advertiu que, “de ser certo” un feito como este “desacredita a calquera candidato”, xa que supón “unha fraude cara aos seus veciños, agravado porque é unha fraude cara aos discapacitados” con prazas reservadas polo Concello.

“MOI GRAVE”

“Si é certo, paréceme un tema moi grave que pon en cuestión a esa candidata e espero dúas cousas: que aclare se é certo ou non, e se é certo, a decisión de Albert Rivera, que é un señor que creo que vai vir a Galicia. Sería bo que o fixese para dicirnos a súa proposta para a comunidade e se considera que esa candidata pode representar a Pontevedra no Congreso a partir do 26 de xuño”, advertiu.

O tamén líder do PPdeG, que nas últimas semanas endureceu a súa mensaxe contra Ciudadanos, insistiu en que hai que ver se a información publicada “é exactamente así” porque lle parece “tan grave” que espera que haxa “unha explicación e que sexa un malentendido”.

“Se non o é (un malentendido), espero que haxa algunha decisión nas próximas horas ou días, pero que haxa algunha decisión”, resolveu.

16 de xuño de 2016 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.