FAEPAC entra a formar parte de GASNAM como socio institucional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, dentro do seu proxecto de promoción dos vehículos de enerxías alternativas, solicitou a adhesión como socio institucional a Asociación Ibérica de Gas Natural para la movilidad (GASNAM).
Un dos obxectivos da FAEPAC para o presente ano é a promoción do uso de vehículos eléctricos, de gas ou de hidróxeno, ademáis da loita contra a pobreza enerxética e o incremento das súas accións de asesoría enerxética aos concellos da provincia.

A FAEPAC desenvolverá tamén durante este ano diversas accións formativas destinadas aos concellos da provincia en aspectos como a normativa legal da facturación eléctrica, o financiamento de proxectos das administracións públicas neste eido ou o chamado “pacto dos alcaldes”.

GASNAM é unha asociación empresarial independente de ámbito nacional, sen ánimo de lucro e sen fins especulativos, que ten por obxecto fomentar o uso do gas natural na mobilidade en todos os sectores, para que poida aportar unha mellora das condicións ambientais, unha adecuación das leis de emisións, así como crear un estado de opinión nos organismos oficiais, nas empresas potencialmente usuarias e sobre todo na opinión publica, favorable o uso do gas natural como combustible para a mobilidade, rendible e medioambientalmente sostible.

Esta asociación ratificou a adhesión de FAEPAC na última asemblea Xeral que celebraron o pasado 21 de xuño de 2016.

30 de xuño de 2016 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.