publicidade hoxe

Extinguido un lume forestal na parroquia de Paradela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaToques
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción dun incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Toques, parroquia de Paradela.

O lume iniciouse esta madrugada ás 2:12 horas e quedou finalmente extinguido ás 08:20 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25,5 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

28 de xuño de 2016 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.